Wednesday 08 de May de 2024

8M en Ortigueira


Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebrouse unha concentración diante do concello de Ortigueira ás 12 horas.

No acto participaron o alumnado do IES de Ortigueira coa lectura dos traballos realizados no centro educativo en relación ao 8M.

Para concluír o acto, a concelleira de igualdade, María Lamelas, leu a declaración institucional con motivo deste día.